TALLERES


Cando a biblioteca escolar se converte nun taller...
“Un taller é unha proposta ou enfoque de traballo que convoca á participación e construción do coñecemento, á vez que promove formas de traballo colectivo onde se vincula o saber práctico con diferentes perspectivas teóricas”




O taller é “unha aprendizaxe activa”, é “aprender facendo”, é partir dos saberes e/ou experiencias infantís, para elaborar estratexias que integren os coñecementos construídos cos que se han de abordar, nun traballo colectivo de interacción, de discusión e consenso, que responda as necesidades colectivas e individuais.

Durante o curso 2019-20 levarán a cabo na biblioteca diferentes talleres que terán como obxectivo estimular a imaxinación, a creatividade e a expresión oral e escrita dos nenos.

Eles mesmos serán os que elaboren as actividades tendo cada taller un coordinador encargado do mesmo. Con isto pretendemos desenvolver a competencia de aprender a aprender así como a aprendizaxe cooperativa, xa que requiren dun traballo en grupo onde se discuten posturas que conducen a situacións de acordos e desacordos, a recoñecer dúbidas e erros, que servirán para elaborar novas estratexias que conduzan aos nenos, a resolver as problemáticas producidas e canalizalas.


TALLERES 1º EVALUACIÓN


No hay comentarios:

Publicar un comentario