Cuentacuentos


Implicar ás familias e realizar actividades conxuntas de animación a lectura é unha alternativa magnífica para o fomento do hábito lector na infancia, ao mesmo tempo que se fomenta o fortalecemento das relacións entre o centro e a familia. O contacontos é unha gran ferramenta para axudarnos a mostrarlles aos nenos o apaixonante mundo dos libros. Por este motivo puxemos en marcha unha sesión semana a cargo dunha pai/nai de Educación Infantil. Consellos para pais/nais que se animen a realizar a actividade:
  • Lerlles contos adaptados á súa idade, cunha temática que lle axude a desenvolver valores, habilidades sociais, comunicativas, etc.
  • Ensaiar o conto previamente, practicando con familiares ou amigos.
  • Escoller contos curtos, que nos permitan desenvolver a actividade sen necesidade de lelo.
  • Elaborar material de apoio como marionetas ou láminas. Grazas por colaborar connosco!





No hay comentarios:

Publicar un comentario